Blogue das miñas músicas, das miñas cancións, das miñas palabras, das miñas ledicias, das miñas dores...
luns, 25 de xullo de 2022
Cantarte hei, Galicia
"Cantarte hei, Galicia" é un poema que forma parte de Cantares Gallegos da grandísima Rosalía de Castro e que di, con toda a mestría que caracteriza á nosa poetisa, as mil razóns para cantarlle á nosa terriña.
xoves, 7 de xullo de 2022
En memoria de Carmen
En memoria de Carmen Mª Castiñeira Trillo.
Inicio este blogue cunha canción moi especial para min. Como especial era a persoa para quen a compuxen.
É unha composición propia en letra e música que fixen en memoria dunha boa e moi querida amiga. E non só iso, boa compañeira de moitas horas de música e canto. Lembro con claridade o seu riso e a súa mirada de persoa nobre.
Era unha boa moza e non me cabe dúbida de que tería sido unha muller aínda mellor pero foise de súpeto con só 24 anos dun xeito absolutamente inxusto e deixándonos profundamente tristes.
Pouco despois compuxen para ela esta canción que titulei "É tan difícil" pensando en que certamente é moi difícil... porque querela foi moi doado.
E na nosa igrexa parroquial de Corcubión, na que cantamos xuntas tantos e tantos anos, tantos e tantísimos domingos, dito sexa de paso, sempre de balde, e baixo a doce mirada de San Marquiños, cantei por vez primeira esta canción un ano despois da súa morte na eucaristía que organizaron os seus pais para celebrar a súa vida.
Os seus pais, que foron tan inmensamente xenerosos e, na miña opinión, dignos de admiración, como para espallar vida coa de Carmen a pesar do durísimo golpe que recibiron completamente por sorpresa. Deron en doazón a súa querida filla, non só os seus órganos senón todo canto puidera ser de utilidade para calquera outro ser humano. Aportou a este mundo, mesmo máis alá da morte.
Tardei moitos anos en ser quen de poder cantar de novo en público esta canción e agora que ás veces si que o fago, continúo a facelo pensando nela e hoxe, por ser día 7 quero dar vida a este blogue de cancións coa que eu creei para ela, que se nos foi un día 7 de Abril de 2006.
Lamentablemente o seu pai vén de falecer recentemente pero dende aquí unha forte aperta á súa nai e ao seu irmán. Que saiban que, os que queriamos a Carmen, continuamos a facelo.
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)
Moraima
Para celebrar este ano o día das nosas letras teño escollido un poema dun dos meus poetas favoritos, Celso Emilio Ferreiro. É un poema de am...
-
Para celebrar este ano o día das nosas letras teño escollido un poema dun dos meus poetas favoritos, Celso Emilio Ferreiro. É un poema de am...
-
Hoxe está de cumpre o meu mellor amigo, o meu compañeiro, o meu amoriño. E de agasallo prepareille este vídeo con algunhas imaxes de vid...
-
Hoxe hai 6 anos que marchaches, media ducia de anos nos que xa non estás, xa non che temos. Moitos meses xa, moitas semanas, ... Dóeme a tú...