luns, 25 de xullo de 2022

Cantarte hei, Galicia

 "Cantarte hei, Galicia" é un poema que forma parte de Cantares Gallegos da grandísima Rosalía de Castro e que di, con toda a mestría que caracteriza á nosa poetisa, as mil razóns para cantarlle á nosa terriña.
E non só iso, lembrándonos a inmensa riqueza que temos coa nosa lingua.
O poema é moi longo polo que como canción só incluín no vídeo unha parte.
Hoxe, Día da Patria, publico esta humilde homenaxe que quero facer á terra, á lingua e á propia Rosalía que me empresta tan fermosos versos para cantar a Galicia... eu pretendo facelo agora e sempre!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Moraima

Para celebrar este ano o día das nosas letras teño escollido un poema dun dos meus poetas favoritos, Celso Emilio Ferreiro. É un poema de am...